O equipo de DATAlife viaxou a Vigo o pasado 10 de outubro para coñecer o traballo que realiza Néboda. Esta empresa mostrounos como conseguen cultivar vexetais de gran calidade aplicando os conceptos da agricultura vertical de interior. Ademais, puidemos observar como optimizan os seus procesos produtivos aplicando tecnoloxías de sensorización, robotización, visión artificial e arquitectura de datos.
A visita arrancou na Universidade de Vigo, cun recorrido polos espazos nos que Néboda ten o seu núcleo de I+D, e finalizou nas propias instalacións da empresa viguesa, onde cultivan vexetais como albahaca, mostaza ou rúcula, entre outros.
Néboda leva anos investigando e experimentando coa agricultura vertical. Reemplazaron a terra polo cultivo de plantas aromáticas e verduras de folla cun aporte mínimo de auga e sen fitosanitarios. Contan con tanques nos que se recircula a auga, permitindo que non se perda nada e aforrando no seu consumo, ademais de mellorar a sostibilidade do proceso.
Un método de cultivo eficiente
O método que utilizan para cultivar as plantas é o hidropónico. Emplean disolucións minerais en lugar de solo agrícola, polo que os vexetais reciben unha solución nutritiva e equilibrada disolta en auga, o que lles aporta a alimentación que necesitan en todo momento.
Conseguiron crear un entorno ambiental completamente controlado, mantendo unha temperatura e unha humidade óptimas e unha regulación constante sobre a luz que precisan as plantas.
Cabe destacar que estes vexetais necesitan unha maior concentración de carbono para o seu correcto desenvolvemento. É por elo que, dende Néboda, xa traballan no establecemento de colaboracións con outras startups que se adican á captura de carbono da atmosfera para poder canalizalo cara as súas instalacións e, alí, enriquecelo para os seus cultivos. Polo que poden actuar como sumideiros de CO2.
Finalmente, faláronnos dos seus próximos pasos. A empresa viguesa aposta pola automatización e van poñer en marcha un robot que accederá a cada unha das balsas de cultivo que permitirá realizar unha análise dos parámetros de crecemento das plantas. A través dunha cámara de visión artificial, o robot tomará imaxes dos cultivos e controlará en tempo real o estado dos vexetais. Esto permitirá levar a cabo un seguimento máis eficiente e automatizado, ademais dunha mellor recollida e análise dos datos.
Os consumidores finais, actualmente, son restaurantes que apostan polos sabores frescos e potentes que ofrecen estas plantas e que se conseguiron grazas a este novidoso método de cultivo. Por agora producen a pequena escala, pero teñen en mente estar presentes no canal retail a curto prazo.
Mesa sectorial biotecnoloxía
Esta visita formou parte da mesa que celebramos o 10 de outubro destinada ao sector biotecnolóxico. Estes encontros entre empresas enmárcanse dentro do proxecto EDIH DATAlife e teñen como obxectivo mellorar o coñecemento das tecnoloxías e a adopción de estratexias dixitais dende un punto de vista sectorial, baseado nas necesidades reais de cada ecosistema. Ademais, axudamos ás empresas a atopar provedores de solucións dixitais.
Nesta ocasión, a mesa tivo como fin coñecer o nivel de implantación de tecnoloxías dixitais das entidades asistentes, en relación co reto seleccionado no primer encontro: Lab 4.0. Esta reunión levaba implícita a visita a unha entidade na que se puidese observar a implantación de novas tecnoloxías para mellorar os procesos produtivos, polo que se visitaron as instalacións de Néboda Farms.
Para poder sacar adiante ditas xornadas, contamos coa colaboración dos nosos socios os clústeres que forman parte do consorcio do proxecto EDIH DATAlife. Bioga, o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia, é o encargado de elaborar, conxuntamente con DATAlife, as mesas orientadas so sector biotecnolóxico.
O proxecto EDIH DATAlife conta cun presuposto de case 5,6 millóns de euros e está financiado pola Comisión Europea, con fondos DIGITAL EUROPE, e polo Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, con fondos NextGeneration. Estes permitíronnos despregar unha carteira de servizos para acelerar a transformación dixital das empresas implementando tecnoloxías disruptivas para aumentar a súa competitividade.