As mesas sectoriais son encontros entre empresas dos sectores de interese do proxecto EDIH DATAlife: agro-mar alimentación, biotecnoloxía, forestal-madeira e saúde-coidados.
As reunións buscarán mellorar o coñecemento das tecnoloxías e a adopción de estratexias dixitais dende un punto de vista sectorial, baseado en necesidades reais.
Axudará ás pemes a encontrar provedores de solucións dixitais.
As mesas sectoriais recollerán:
- Necesidades de dixitalización
- Necesidades de acceso á información
- Necesidades de acceso aos DATAlabs
- Necesidades de formación
As mesas sectoriais presentarán:
- Oferta formativa existente
- Proxectos de I+D+i
- Oferta tecnolóxica
- Oportunidades de financiación
Participa nos encontros
O obxectivo desta primeira mesa é coñecer os retos de negocio dentro de cada sector. O resultado que se quere obter é unha lista de base de retos/oportunidades de negocio.
Saúde-coidados
Este primer encontro está orientado a identificar os retos de transformación dixital do sector saúde-coidados.
20 de abril | 10:00 – 13:30
Salón de Actos – Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS)

Forestal-madeira
As entidades que acudan contribuirán a definir e priorizar os retos no ámbito da dixitalización que debe acometer o sector.
28 de abril | 12:00 – 14:00

Mar-acui-industria
Este primer encontro está orientado a identificar os retos de transformación dixital do sector mar-acui-industria.
11 de maio | 10:00 – 11:30
Xornada online

Biotecnoloxía
Este primer encontro está orientado a identificar os retos de transformación dixital do sector biotecnolóxico.
11 de maio | 11:00 – 13:00
Lugar por determinar

Agro-pesca-industria
Este primer encontro está orientado a identificar os retos de transformación dixital do sector agro-industria.
12 de maio | 10:00 – 12:00

Identificaranse as necesidades tecnolóxicas no ámbito da dixitalización e a ciberseguridade de cada un dos sectores de interese.
Ten como obxectivo identificar as necesidades formativas en dixitalización e ciberseguridade.
Ten como fin fomentar a creación e maduración de espazos de datos nos distintos sectores, con especial fincapé naqueles casos con un interese claro.