Se queres recibir os servizos que ofrecemos dende o proxecto EDIH DATAlife, podes cubrir o formulario para participar. Unha vez obteñamos a información básica da entidade, poñerémonos en contacto para realizar a primeira reunión co equipo.
Se eres unha peme, micdap, gran empresa ou unha institución do sector público, non dubides en participar no proxecto.
O proxecto
O proxecto EDIH DATAlife céntrase en implementar tecnoloxías disruptivas en fases de validación e demostración con gran potencial para aumentar a competitividade das empresas galegas e da administración pública, pero pouco estendidas na actualidade. Polo tanto, é necesario apoiar ás empresas, especialmente ás pemes, para facilitar o seu coñecemento e adopción.
Os servizos recolleranse nun catálogo e de forma gratuíta para as pemes. Estes incluirán consellos para implementar novas tecnoloxías e probas de concepto de Intelixencia Artificial (IA), Computación de Altas Prestacións (HPC) ou Internet das Cousas (IoT).
Obxectivos
Aumentar a competitividade das empresas e, especialmente, das pemes, mediante a adopción de tecnoloxías de IA e Big Data, promovendo a creación de espazos de datos federados e a súa explotación colaborativa.
Compartir boas prácticas con outras rexións a través do seu comité de expertos, con embaixadores a nivel nacional e internacional, e con relacións estratéxicas coa participación en redes de colaboración de DIHs.
Ser unha fiestra única de servizos, proporcionando ás empresas acceso a solucións dixitais avanzadas a través de infraestruturas modernas para a experimentación e validación tecnolóxica.
Plan de traballo
WP1: Coordinación e administración
DATAlife proporcionará a metodoloxía e as ferramentas para a coordinación do proxecto, a presentación de informes á Comisión Europea e a evaluación, incluídas as revisións da calidade dos servizos por parte de pares, expertos e outros EDIHs.
WP2: Comunicación e diseminación
Neste paquete de traballo apostarase por darlle visibilidade ás actividades e servizos de DATAlife, garantizando unha comunicación e difusión adecuadas entre os grupos destinatarios obxectivos.
WP3: Relacións e creación de redes coa UE
Dedicarase a establecer e maximizar conexións a nivel europeo, coa participación de DATAlife en actividades de DTA e naquelas organizadas polas redes nas que colaboran os seus membros.
WP4: Proba antes de invertir
Céntrase na dispoñibilidade das principais infraestruturas para probar, demostrar, validar e implementar solucións dixitais en IA, HPC, IoT e analítica de datos en empresas rexionais e outros axentes de innovación para aumentar a súa madurez dixital e desenvolver novas aplicacións para as cadeas de valor seleccionadas.
WP5: Formación e competencias dixitais
Servirá para aumentar as habilidades e coñecementos de tecnoloxías disruptivas nos sectores de interese de DATAlife, a través dunha oferta formativa deseñada para satisfacer as necesidades específicas da man de obra galega.
WP6: Ecosistema e redes
Mellorará o coñecemento de tecnoloxías dixitais e a adopción de estratexias dixitais dende un punto de vista sectorial, basado en necesidades reais e diagnósticos, apoiando ás autoridades para desenvolver políticas e estratexias. Axudará ás pemes con necesidades de dixitalización a atopar provedores de solucións.
WP7: Apoio ás empresas
Promoveremos o uso dos fondos dispoñibles para a dixitalización, tanto públicos como privados, a través do apoio de tutorías dos membros de DATAlife e aumentando a madurez do mercado das innovacións e o seu potencial de creación de mercado.
Consorcio
Información sobre o proxecto
Proxecto EDIH DATAlife
ID do Acordo de Subvención: 101083755
Financiado en virtude de
DIGITAL-2021-EDIH-01
Coordinador
DATAlife
Progreso
1 de xaneiro de 2023 – 31 de decembro de 2025
Coste total (Euros)
2,747,118
Contribución da UE (Euros)