DATAlife participa no terceiro webinar para EDIHs e o ecosistema organizado polo proxecto IMPULSE. Este ten como obxectivo realizar unha análise multidimensional centrada no usuario do impacto transformador do Blockchain e a Intelixencia Artificial nas identidades electrónicas para mellorar os servicios públicos dixitais.

Nesta xornada ponse o foco no apoio que os EDIHs prestan aos servizos públicos na súa transición dixital, en consonancia con 2030 Digital Compass, o camiño europeo cara a Dédaca Dixital.

Concretamente, os tres EDIHs participantes presentarán as súas iniciativas para fomentar a colaboración co sector público:

  • Municipality of Novo Mesto | O papel das ferramentas dixitais na transformación das organizacións públicas nas comunidades locais
  • EDIH DATAlife | Visión e ecosistema
  • DIHCUBE | Servizos para mellorar a dixitalización das pemes e impulsar a competitividade e a sostibilidade