Bioga, no marco do proxecto EDIH DATAlife, organizou unha sesión informativa en liña o xoves 14 de setembro de 10:00 a 11:00 horas. Estivo destinada a fondos de inversión que queiran invertir en proxectos con tecnoloxías disruptivas.

O fin desta xornada foi coñecer de preto o proxecto e como establecer contacto con empresas e proxectos que operan dentro das verticais do mesmo e que buscan inversión nas súas tecnoloxías dixitais.

As cadeas de valor que cobre o proxecto EDIH DATAlife son:

  • agro-mar alimentación
  • biotecnoloxía
  • forestal-madeira
  • saúde-coidados

Tamén vos deixamos a presentación empregada por DATAlife.