Plan de traballo

WP1: Coordinación e administración

DATAlife proporcionará a metodoloxía e as ferramentas para a coordinación do proxecto, a presentación de informes á Comisión Europea e a evaluación, incluídas as revisións da calidade dos servizos por parte dos pares, expertos e outros EDIHs.

WP2: Comunicación e diseminación

Neste paquete de traballo apostarase por darlle visibilidade ás actividades e servizos do proxecto EDIH DATAlife, garantizando unha comunicación e difusión adecuadas entre os grupos destinatarios obxectivos.

WP3: Relacións e creación de redes coa UE

Dedicarase a establecer e maximizar conexións a nivel europeo, coa participación de DATAlife en actividades de DTA e naquelas organizadas polas redes nas que colaboran os seus membros.

WP4: Proba antes de invertir

Céntrase na dispoñibilidade das principais infraestruturas para probar, demostrar, validar e implementar solucións dixitais en IA, HPC, IoT e analítica de datos en empresas rexionais e outros axentes de innovación para aumentar a súa madurez dixital e desenvolver novas aplicacións para as cadeas de valor seleccionadas.

WP5: Formación e competencias dixitais

Servirá para aumentar as habilidades e coñecementos de tecnoloxías disruptivas nos sectores de interese do proxecto EDIH DATAlife, a través dunha oferta formativa deseñada para satisfacer as necesidades específicas da man de obra galega.

WP6: Ecosistema e redes

Mellorará o coñecemento de tecnoloxías dixitais e a adopción de estratexias dixitais dende un punto de vista sectorial, basado en necesidades reais e diagnósticos, apoiando ás autoridades para desenvolver políticas e estratexias. Axudará ás pemes con necesidades de dixitalización a atopar provedores de solucións.

WP7: Apoio ás empresas

Promoveremos o uso dos fondos dispoñibles para a dixitalización, tanto públicos como privados, a través do apoio de tutorías dos membros do proxecto EDIH DATAlife e aumentando a madurez do mercado das innovacións e o seu potencial de creación de mercado.

O Hub DIH DATAlife é unha iniciativa que se desenvolve no marco da Estratexia Galega de Hubs de Innovación Dixitais, promovida pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Logo Xunta Gain

Suscríbete o noso Newsletter para recibir todas as novas de DATAlife

O Hub DIH DATAlife é unha iniciativa que se desenvolve no marco da Estratexia Galega de Hubs de Innovación Dixitais, promovida pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Si tienes un proyecto que puede solucionar estos retos y quieres que valoremos la convocatoria Conecta Hubs de GAIN, contáctanos