DATAlife desprazouse ata o Centro de Negocios de Porto do Molle (Pontevedra) para falar sobre Innovación dixital en sectores primarios e biotecnolóxicos. A ponencia estivo dirixida ás 15 startups seleccionadas dentro da séptima edición do programa de aceleración de ViaGalicia.

O principal obxectivo do programa é a aceleración de proxectos innovadores e invertibles, aos que se lles acompaña na súa validación, posta en marcha, financiación e maduración. Ao longo destes 10 anos de actividade, cabe destacar que ViaGalicia apoiou a un total de 78 proxectos que crearon uns 550 empregos. A día de hoxe, algúns deles son empresas xa consolidadas e recoñecidas.

Con isto, créanse as condicións idóneas para o desenvolvemento e consolidación dun ecosistema de emprendemento en Galicia. Ademais, contribúese á xeración de riqueza no entorno, á diversificación do texido empresarial, á modernización e dixitalización dos sectores más tradicionais, á transferencia de coñecemento e á atracción e retención de talento.


Nesta ocasión, contaron co Hub para mostras ás startups seleccionadas a situación actual do uso de tecnoloxías avanzadas no sector agrogandeiro e biotecnolóxicos e algúns casos de uso.

Falouse de datos de calidade para o sector agropecuario e a súa implicación. Ademais, expúxose a súa necesidade para aplicar en agricultura de precisión e a relación que se establece entre o tamaño das superficies e o valor engadido dos cultivos.

Tamén se mostrou o estado do sector biotech en Galicia e o potencial do que dispón a comunidade para seguir crecendo e cara onde se orienta.

Deixámosvos a presentación con toda a información: