O 2 de febreiro, DATAlife participou como ponente na xornada Financiamento e apoios cooperativos organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) en Santiago de Compostela.

Este encontro xirou arredor de dous obxectivos principais:

  • Facorecer que as cooperativas agroalimentarias manteñan uns adecuados equilibrios e niveis de estrutura financieira, básico para abordar os retos empresariais e sociais que teñen por diante
  • Dar a coñecer o sistema de axudas públicas e o acceso a financiación pública e privada, así como as tendencias na lexislación de promoción do mundo rural, do cooperativismo e da economía social, e novas oportunidades de apoios financieiros neste ámbito

Para elo, contaron con diversos profesionais que trataron os seguintes temas:

  • Fíxose un adianto dos apoios ás inversións para creación de empresas para agricultores e agricultores novos, para a creación de empresas e o desenvolvemento de pequenas explotacións no marco do PEPAC 2023-2027
  • Falouse do Caderno de Campo
  • Detallouse o programa Aprol e o Bono Consolida
  • Aclaráronse dudas sobre as axudas para inversións en transformación e comercialización de productos agrarios para o período 2023-2027

Dende DATAlife ofreceuse unha visión xeral do que somos, incentivando ás cooperativas alí presentes a adentrarse no mundo da Intelixencia Artificial e mostróuselles as vantaxes de traballar cos datos.