Durante a primeira Conferencia Europea de DIHs, celebrada os días 26 e 27 de xaneiro de 2021, anunciouse que DATAlife será un dos candidatos españois a incorporarse á rede de European Digital Innovation Hubs (EDIH), que aspira a crear conexións interrexionais a nivel europeo.

O nomeamento foi realizado por Anne-Marie Sassen, responsable da Unidade Digital Transformation of Industrial Ecosystems da DG Connect da Comisión Europea, no evento celebrado con máis de 2.500 asistentes. En total, 24 países seleccionaron 323 candidatos a formar parte da rede de EDIHs, de entre os cales a Comisión escollerá 200.

Desta maneira, DATAlife re-valida o apoio da administración, esta vez a nivel estatal, coa selección polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, tras ser recoñecido pola Xunta de Galicia como o Digital Innovation Hub máis estratéxico para Galicia.

Os EDIHs terán acceso a financiación para consolidar a súa actividade, nun modelo compartido entre a Comisión e os Estados Membros, cun horizonte de ata 7 anos, o cal indica o grao de compromiso da administración cos Hubs de Innovación Dixital como instrumento clave na mellora da competitividade do texido produtivo europeo.

Enlaces relacionados: