DATAlife viaxa a Tesalónica (Grecia) para asistir aos Sinergy days 2023, evento centrado no debate e o intercambio de coñecementos arredor da agricultura dixital organizado por SmartAgriHubs do 4 ao 5 de outubro.
Este encontro marca o final de SmartAgriHubs, un proxecto de Horizonte 2020 que se desenvolveu de 2018 a 2021. Tiña como obxectivo apoiar unha rede de centro de innovación agrícola que conseguiu reunir a 164 socios do sector agroalimentario e 149 Hubs de Innovación Dixital (DIHs). Actualmente, ten máis de 3200 usuarios activos no Portal de Innovación, con más de 300 DIHs.
Un total de 25 proxectos da Unión Europea (UE), centrados no papel do dixital no sector agroalimentario, participan nesta xornada. Estes presentarán aos asistentes tanto métodos para abordar o cambio climático como unha ampla gama de solucións innovadoras.
Que se poderá ver ao longo dos dous días?
- Sesións plenarias que presentarán numerosos temas como o empoderamento das mulleres, o cambio climático, a sostibilidade na agricultura intelixente…
- Obradoiros que se levarán a cabo en sesións paralelas interactivas
- Unha das maiores exposicións de proxectos da UE adicada á agricultura intelixente que permitirá interactuar directamente coas partes interesadas
- E moitas actividades máis
DATAlife participa tamén no evento moderando a mesa Digital and data technologies in agriculture, ademais de participar noutra delas onde terá a oportunidade de mostrar o proxecto EDIH DATAlife.