Tras a publicación das bases da Convocatoria para a concesión de axudas destinadas á transformación dixital dos sectores produtivos estratéxicos mediante a creación de demostradores e casos de uso de Espazos de Compartidición de datos, dende DATAlife estamos organizando unha xornada que se levará a cabo o próximo 27 de febreiro ás 12:00 horas (online).

Nesta sesión exploraranse as posibles sinerxias que se poderían xerar dende o ecosistema galego para a creación de espazos de datos sectoriais. Enfocarémonos, especialmente, nos sectores relacionados co Hub: saúde-coidados, biotecnoloxía, agro-mar alimentación e forestal-madeira.

Programa preliminar

12:00 – 12:10 | Benvida. Patricia Fraga María (DATAlife)

12:10 – 12:20 | Que e un espazo de datos? Caso práctico de agro. Helena Fernández López – Head of Data innovation (Gradiant)

12:20 – 12:40 | Presentación da convocatoria: Programa de espazos de datos sectoriais. Caso de uso práctico de turismo. Francisca Rubio – Xerente (GAIA-X Spain)

12:40 – 13:00 | Dinamización da xornada e resolución de dúbidas

¡Rexístrate!

Máis información sobre a convocatoria aquí.