A formación abordou a captura de datos dende diferentes perspectivas e a integración dos mesmos cos datos das empresas, adaptándose ás particularidades do sector, proporcionando as habilidades necesarias para aproveitar ao máximo estas tecnoloxías. Abordáronse os seguintes temas:
- Introdución á Industria 4.0
- Casos de uso de explotación dos datos de ámbito forestal
- Exemplos práticos
- Recomendacións e boas prácticas
A formación foi impartida por Marielena Márquez Barreiro, Enxeñeira-Investigadora en Gradiant, e Diego Reiriz Cores, Responsable Técnico de AI & Data Ops en Gradiant.


