A formación abordou a captura de datos dende diferentes perspectivas e a integración dos mesmos cos datos das empresas, adaptándose ás particularidades dos sectores, proporcionando as habilidades necesarias para aproveitar ao máximo estas tecnoloxías. Abordáronse os seguintes temas:
- Evolución dixital en saúde
- Integración de datos nos sector saúde e biotech
- Gobernanza e seguridade
- Exemplos prácticos
- Recomendacións e boas prácticas
A formación foi impartida por Shaila Calvo Almeida, Investigadora da liña de eSaúde de Gradiant, e Diego Reiriz Cores, Responsable Técnico de AI & Data Ops en Gradiant.