A formación abordou a captura de datos dende diferentes perspectivas e a integración dos mesmos cos datos das empresas, adaptándose ás particularidades dos sectores, proporcionando as habilidades necesarias para aproveitar ao máximo estas tecnoloxías. Abordáronse os seguintes temas:
- Contexto tecnolóxico actual do sector primario
- Tendencias do sector
- Casos de uso de exemplo
- Plantexamento técnico dos casos de uso
- Recomendacións e boas prácticas
A formación foi impartida por Carlota Cañamero Herrero, Enxeñeira-Investigadora da IA en Gradiant, e Diego Reiriz Cores, Responsable Técnico de AI & Data Ops en Gradiant.