Do 31 de maio ao 1 de xuño, DATAlife tivo a oportunidade de participar na primeira edición do EDIH Network Annual Summit que se celebrou en Bruselas. Co apoio de Digital Transformation Accelerator (DTA), esta xornada fortaleceu a misión de impulsar a transformación dixital en toda Europa.

Este evento clave de innovación dixital europea reuniu nunha mesma estancia a representantes dos máis de 200 European Digital Innovation Hubs, responsables políticos, administradores públicos e expertos da comunidade de transformación dixital. Tivo como fin o intercambio de coñecemento e mellores prácticas sobre os métodos máis efectivos para axudar ás entidades a acadar os seus obxectivos dixitais a través da prestación de servizos tecnolóxicos que ofertan os EDIHs.

Os asistentes tiveron a oportunidade de discutir como as tendencias e tecnoloxías dixitais poden incorporarse de maneira efectiva nos servizos anteriomente mencionados. O evento contou, ademais, cunha amplia variedade de ponencias, paneles de discusión e sesións de networking que ofreceron a posibilidade de intercambiar experiencias e puntos de vista entre os diferentes profesionais.

Representantes dos European Digital Innovation Hubs españois.