Os días 1, 2 e 3 de maio celebrouse en Lerma (Burgos) DIGIVIT, o Foro-Expo Internacional de Dixitalización en Vitivinicultura.

Este encontro reuniu aos principais expertos, empresas e bodegas para impulsar a dixitalización do sector vitivinícola. Alí conectaron innovación, sostibilidade e tecnoloxía para optimizar a produción e mellorar a competitividade.

Grazas á súa invitación, DATAlife tivo a oportunidade de mostrar nun stando propio os servizos que ofrece a través do proxecto EDIH DATAlife e agrifoodTEF.

Ademais, o Hub participou nunha mesa redonda para falar sobre o impacto dos EDIHs no sector agroalimentario xunto con DIGIS3, DIHBU e AsDIH.