Os EDIHs impulsan a transformación dixital en España con casi 900 proxectos e unha inversión superior a 25 millóns de euros medianto o programa PADIH
A Rede Nacional de European Digital Innovation Hubs (EDIHs) celebra os avances logrado na execución do Plan de Apoio aos Digital Innovation Hubs (PADIH). Ata agora, permitiu o desenvolvemento de 892 expedientes cunha inversión total de máis de 25 millóns de euros, en base a un profundo estudo de análise dos proxectos executados coa financiación do Ministerio de Industria e Turismo (MINTUR) a través da Escola de Organización Industrial (EOI), onde se consumiu o total do presuposto asignado.
A análise tecnolóxica dos proxectos executados revela que o 43,13% deles estiveron enfocados en Intelixencia Artificial (IA), mentras que o 32,54% abordaron Fabricación Avanzada e Robótica. Estas tecnoloxías representan o 75,67% dos proxectos financiados, reflexando a crecente aposta pola dixitalización e a automatización no tecido empresarial español, concretamente, das pemes.
Dende o punto de vista sectorial, o 45,80% dos proxectos beneficiaron a pemes da Industria Manufactureira, seguido polas Actividades Profesionais, Científicas e Técnicas (18,25%) e o sector de Información e Comunicacións (10,73%). En conxunto, estes sectores concentraron o 74,85% dos proxectos, suliñando a relevancia do PADIH no impulso da transformación dixital das pemes, actores clave do motor da economía española.
Estes resultados evidencian o impacto positivo do PADIH na competitividade das empresas, facilitando a súa adaptación aos novos desafíos do mercado e mellorando a súa eficiencia mediante a integración de tecnoloxías avanzadas. “A adopción de IA, robótica e fabricación avanzada está permitindo ás compañías optimizar os seus procesos produtivos e desenvolver novos modelos de negocio máis sostibles e resilientes”, indícase dende EDIH NETWORK SPAIN.
O papel dos Digital Innovation Hubs españoles foi clave para a implementación exitosa destes proxectos, actuando como centros de referencia para a dixitalización empresarial. Grazas ao seu asesoramento e apoio tecnolóxico, moitas pemes puideron acceder a coñecementos e ferramentas que, doutro modo, estarían fóra do seu alcance. Esto impulsou a democratización da transformación dixital.
A Rede Nacional de EDIHs reafirma o seu compromiso coa innovación e o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas avanzadas. Ademais, pon de manifesto a necesidade de recibir o apoio necesario por parte do Goberno Central para poder continuar promovendo o acceso subvencionado das empresas ás oportunidades que ofrecen os EDIHs.