Axudas á dixitalización Industria 4.0 (2021) IGAPE

Vas presentar un proxecto de dixitalización a esta convocatoria do IGAPE? Sabías que podes acadar máis puntos engadindonos para participar na coordinación do proxecto?

As nosas labores de coordinación inclúen a asistencia a reunións trimestrais de seguimento organizadas polo líder do proxecto, nas que faremos asesoramento a medida, que pode incluir:

  • Apoio na xestión de proxecto e na resolución de problemas.
  • Facilitar a interlocución entre PEMEs e proveedores tecnolóxicos.
  • Identificación de oportunidades de negocio e apoio na explotación e difusión de resultados.
  • Conexión con potenciais socios ou clientes.

O principal entregable de noso traballo serán informes de seguimento baseados nas reunións que incluirán recomendacións sobre futuros pasos.

Se tes dúbidas, envíanos un email resumindo o teu proxecto a info@dihdatalife.com.

Obradoiros e axudas