A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) organizan una serie de mesas de diálogo para analizar o impacto da automatización e a dixitalización nos diferentes sectores económicos de Galicia, nun contexto no que están a cobrar aínda máis relevancia debido ás consecuencias provocadas pola pandemia da covid-19.
O obxectivo dos cinco encontros programados é que as institucións participantes expoñan a situación destes procesos a día de hoxe nos eu ramo de actividade, para contribuír así a un mellor diagnóstico dos seus impactos e poder achegar propostas que axuden a afrontar os retos existentes e emerxentes. As sesións desenvolveranse na modalidade de webinarios e serán moderadas por representantes do Igape e da USC. Durante cada una poderanse enviar preguntas ao moderador ou moderadora.
O vindeiro 24 de setembro, ás 16:30 horas, terá lugar a sesión cos seguintes participantes:
- Rocío Mosquera Álvarez – Cluster da Saúde de Galicia
- Loli Pereiro – Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida – BIOGA
- Lucía Castro Díaz – Hub de Innovación Digital DATAlife