DATAlife realizou unha visita ao Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa para falarlles aos estudantes sobre Innovación dixital no sector agrogandeiro en Galicia.

Este centro contribúe á promoción profesional, cultural e social do medio rural a través da formación das persoas. Levan a cabo accións formativas orientadas á mellora das competencias dos profesionais do entorno e colaboran con entidades públicas e privadas para desenvolver programas de formación continua ou proxectos de investigación e de animación.

EFA Fonteboa conta con varios proxectos de colaboración que levan implícitos IoT e dixitalización, polo que contaron con DATAlife para impartir unha sesión informativa para alumnado de 2º grao superior PMR e 2º de gandería, e outra dirixida a alumnos de grao medio de gandería.

A continuación deixámosvos a presentación empregada para que poidades acceder á información que ofrecimos durante a xornada: