Servizos tecnolóxicos: testeo e experimentación

O equipo do proxecto EDIH DATAlife estará ao teu carón, brindándoche acompañamento e asesoramento personalizado para garantir o éxito do teu proxecto. A nosa prioridade é satisfacer as túas necesidades, por iso che ofrecemos unha amplia gama de capacidades e servizos tecnolóxicos proporcionados polos socios do consorcio. Estes recursos axudaranche a atopar a solución tecnolóxica que mellor se adapte aos teus requerimentos. Confía en nós para impulsar o teu proxecto cara o logro dos teus obxectivos.

Traza o camiño

Diagnósticos e plans de dixitalización

Ciberseguridade

Demolabs

Creación de entornos de experimentación tecnolóxica que mostren as tecnoloxías implementadas nos distintos sectores relacionados co proxecto.

Espazos de datos

Creación de espazos de datos (DATASpaces)

Aplicacións tecnolóxicas

Desenvolvemento e implementación de proxectos de I+D+i apoiados en tecnoloxías disruptivas (IA, IoT, HPC…)

Quero os servizos!

Se a túa entidade está interesada en calquera dos servizos descritos previamente, enche o formulario para que nos poñamos en contacto contigo e valoremos as túas necesidades.


Condicións dos servizos

Modalidades de financiación:

  • Mixta. Os servizos financiados ao 100% pódense xestionar a través da PADIH-EOI, seguindo as conidicións establecidas pola Escuela de Organización Industrial (EOI). Estes servizos son gratuítos para as pemes, xa que a EOI contribúe co 50% e o proxecto EDIH DATAlife aporta a outra metade. Non todos os servizos ofrecidos nesta web son susceptibles de financiación por esta vía, enche o formulario e explicarémoscho!
  • Financiación Exclusiva Europea. Grazas á concesión do proxecto EDIH DATAlife, existe a posibilidade de tramitar exclusivamente os servizos a través de dito proxecto. Estes presentan limitacións diferentes aos da PADIH-EOI, as cales se determinarán proximamente. Estes servizos están subvencionados ao 50%, mentres que a outra metade sería aportada pola peme, midcap ou entidade do sector público. Todos os servizos descritos nesta web están financiados polo proxecto.

Enche o formulario para saber máis!

EDIH DATAlife project has received funding from Digital Europe programme under Grant Agreement No 101083755

El Hub DIH DATAlife es una iniciativa que se desarrolla en el marco de la Estrategia Gallega de Hubs de Innovación Digitales, promovida por la Xunta de Galicia a través de la Consellería de Economía, Emprego e Industria

Logo Xunta Gain

Suscríbete a nuestra newsletter para estar al día de toda la actualidad de DATAlife

O Hub DIH DATAlife é unha iniciativa que se desenvolve no marco da Estratexia Galega de Hubs de Innovación Dixitais, promovida pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Si tienes un proyecto que puede solucionar estos retos y quieres que valoremos la convocatoria Conecta Hubs de GAIN, contáctanos